top of page

DEREITOS HUMANOS E PAZ

 

Se es crítico, se es inconformista, se queres comprender mellor o mundo no que vivimos, entonces invitámoste a coñecer: SCORP (COMITÉ PERMANENTE DE DEREITOS HUMANOS E PAZ).

 

Continuamente escoitas nos medios de comunicación que hai un conflicto en certo lugar do mundo, violacións, desigualdades, INXUSTIZAS, pero realmente descoñeces o que está pasando, e por qué está pasando. Por iso, dende unha perspectiva o máis obxectiva posible, neste grupo intentarase mostrar da maneira más accesible posible distitnos casos nos que se verán como, a día de hoxe, e en casi en cada rincón do planeta a dignidade do ser humán é pisada continuamente e os dereitos fundamentais con ela.   

 

Se queres saber máis, contacta connosco. Invitámoste a que asistas as nosas charlas, videos, fórums, e proxectos que iremos facendo ao longo do ano. Será una maneira fácil de comezar a coñecer o mundo. E a primeria forma de cambiar o mundo é realmente así, coñecéndoo. 

 

E recorda: 

O médico que só sabe de medicina, nin de medicina sabe.

bottom of page