top of page

IFMSA E IFMSA-Spain

´logo_ifmsa.png
logo ifmsa spain.jpg

IFMSA (International Federation of Medical Students' Association) - Federación Internacional de Asociacións de Estudantes de Medicina - representa unha das maiores organizacións estudantís do mundo, con máis de 1.000.000 estudantes membros en unas 850 facultades.

Foi fundada en 1951 en Copenhague, Dinamarca e o seu obxectivo é promover a cooperación entre estudantes dos máis de 90 países que a forman. É unha organización non gobernamental, asociada ás Nacións Unidas, sen tendencia política, étnica ou relixiosa.

 

IFMSA-Spain (Federación Española de Asociaciones de Estudiantes de Medicina para la Cooperación Internacional) é a NMO (National Member Organization) que forma parte de IFMSA no Estado español xunto con AECS (Associació d'Estudiants de Ciències de la Salut, para Catalunya e Illes Balears).

 

ME.I.GA. é un dos 24 Comités Locais que conforman IFMSA-Spain e representamos aos nosos socios nas Reunións da Federación (a Reunión Nacional, asemblearia, e as Reunións Rexionais e Intermedia, formativas).

bottom of page