top of page

SALUD REPRODUTIVA, SEXUALIDADE E SIDA

 

Cremos que o sexo, a pesar de ser algo totalmente fisiolóxico e normal, segue sendo un tema tabú na nosa sociedade. Consideramos que isto é un problema moi grave, pois se non se fala de sexo, tampouco se falará dos problemas relacionados co sexo (prostitución, ETS, violencia sexual, etc), e como estudantes e futuros médicos temos que facer algo por cambiar esta situación, a saúde sexual dos nosos pacientes tamén é importante, por non dicir importantísima.

 

Exemplo da vida real (moi frecuente):

Pepe está a tratamento antihipertensivo con labetalol ao medirlle a tensión vemos que ten 185/100, dicímoslle que está moi mal controlada e confésanos que fai uns meses que o deixou de tomar, cando lle preguntamos a razón do abandono do tratamento, ponse colorado e di en voz baixiña “e que non me furrulaba, sabe…”

O labetalol é un beta-bloqueante que pode causar impotencia sexual. E isto o que non podemos permitir, se o sexo non fose tabú probablemente Pepe tería consultado o seu problema co tratamento, ou polo menos non se sentiría avergonzado ao contárnolo.

 

Este é un exemplo de tantos outros que poderiamos ter posto: persoas que non consultan una ITS por vergonza e séguena transmitindo ás súas parellas sexuais, rapaza violada con medo de admitilo, e un largo etc.

 

Por tanto dende LORSA intentamos que o sexo sexa considerado como o que é, unha necesidade humana máis. Xa é hora de eliminar os tabús da sociedade.

 

Tamén traballamos na prevención do SIDA e outras ETS. É un feito demostrado que os avances médicos na curación das ETS provocan na sociedade unha relaxación das medidas preventivas, nós traballamos para cambiar isto, a prevención primaria das ETS é fundamental:  ¿quén ía pensar nos anos oitenta que o SIDA se ía levar tantas vidas por diante? ¿quén nos di que mañá non pode aparecer unha nova ETS coas mesmas consecuencias?

 

Por suposto, non nos esquecemos doutros temas de saúde reprodutiva como o embarazo non desexados e o aborto. Cremos que a mellor maneira de reducir o número de abortos non é facer leis máis restritivas, senón traballar moito (moitísimo) na prevención do embarazo non desexado.

 

Outro dos temas no que nos centramos é na violencia de xénero e na discriminación por sexo, por desgraza, algo bastante común na sociedade actual. A loita das mulleres aínda continúa, a pesar de ter gañado un posto respetable nas sociedades desenvolvidas (¿quén iba dicir,  fai uns anos,  que hoxe estudan máis mulleres que homes na nosa facultade?) seguimos sendo consideradas en moitas circunstancias o sexo débil, ¿é xusto que un home e unha muller teñan soldos distintos facendo o mesmo traballo? ¿ é admisible o despido dunha muller por estar embarazada? Son feitos dos que todos temos oído falar algunha vez, porque seguen ocorrendo, esto é algo do que non debemos facer oídos xordos.

 

 E como non, tamén traballamos na erradicación da violencia de xénero, é algo difícil pero non imposible se as novas xeracións damos un paso ao fronte e tratamos de cambiar a situación. 

 

Nós, que traballaremos todos os días con persoas, que teremos un dos traballos máis humanos que hai no mundo, debemos ser os máis humanos, e acaso hai algo máis humano que o sexo? Non sei se o sabedes, pero só os humanos e os delfíns teñen relación sexuais por pracer.

 

Agora é a túa oportunidade de cambiar un chisco esta situación, ¿vaste quedar parado? Nunca subestimes as túas ideas, nós estamos desexando oílas.

bottom of page