top of page

Secretaría e Tesouraría

 
Secretaría

meigausc.secretary@gmail.com

 

 

 

Que funcións ten a Secretaría?

 

  • Organizar as Asembleas Xerais e as reunións de Xunta Directiva, incluíndo a elaboración da orde do día.

  • Tomar actas nas reunións de Xunta Directiva, nas que deberá constar: órgano que se reúne; data, hora e lugar da reunión; asistentes (datos nominais ou numéricos); orde do día; desenvolvemento da reunión cos principais argumentos ligados ás persoas que os defenden; acordos adoptados; sistema de adopción dos acordos e resultados numéricos; firma do Secretario e visto bo do Presidente.

  • Custodiar a documentación relevante para ME.I.GA: o acta fundacional, os Estatutos e o Regulamento de Orde Interna; o libro de actas e o libro de socios; o inventario de bens; o rexistro de intercambios; os manuais de cargo e de Proxecto Oficial; os informes de Xunta Directiva, de Comisión Supervisora e de asistencia a reunións federativas e, en xeral, calquera documento de interese.

  • Manter actualizados o libro de socios, cursando as altas e baixas pertinentes; o inventario de bens da asociación, reflectindo as novas adquisicións; e o Regulamento de Orde Interna e demais documentos oficiais, no caso de que se realicen cambios nos mesmos.

  • Realizar as labores burocráticas de ME.I.GA, particularmente a expedición de certificacións e a actualización dos datos da Xunta Directiva ante IFMSA-Spain, a Universidade de Santiago de Compostela, a Xunta de Galicia e a Axencia Tributaria.

  • Custodiar e repoñer o material funxible.

 

 

Tesouraría

meigausc.treasurer@gmail.com

 

 

 

Que funcións ten a Tesouraría?

 

  • Levar a contabilidade de ME.I.GA, controlando a situación financieira dos diferentes proxectos e grupos de traballo. Para iso poderá solicitar os informes que considere precisos.

  • Informar do estado das contas e elaborar o orzamento de ME.I.GA.

  • Custodiar o libro de contabilidade, as facturas e os xustificantes de pago.

  • Dispoñer de acceso, xunto co Presidente e cualquera outro membro que autorice a Xunta Directiva, á caixa de caudais e á conta corrente da asociación.

  • Recaudar as cotas de pertenza a ME.I.GA e as cotas de inscripción das actividades organizadas pola Xunta Directiva.

  • Realizar os pagos ordenados polo Presidente, previo visto bo da Xunta Directiva.

  • Coordinar a busca de bolsas, axudas e subvencións, asesorando aos responsables dos Comités Permanentes na busca de fondos para as súas actividades.

 

bottom of page