top of page

Intercambios do A ao Z

ATRÉVETE A VIVIR UN VERÁN DIFERENTE!

 

ME.I.GA ofréceche a posibilidade de vivir unha experiencia inesquecible na que poderás viaxar e coñecer xente de distintos países á vez que realizas prácticas clínicas ou participas en proxectos de investigación en hospitais de todo o mundo.

 

QUÉ TIPO DE INTERCAMBIOS EXISTEN?

Podes realizar un intercambio de investigación (SCORE) ou clínico (SCOPE) en diferentes países. Existe tamén a posibilidade de realizar un intercambio a nivel nacional (SCONE), podendo ser tamén clínicos ou de investigación.

A oferta dos diferentes proxectos e departamentos varía cada ano segundo os hospitais, institutos de investigación e os comités locais que reciben os estudantes, pero procúrase ter en conta as preferencias de cada un.

 

CANTO TEMPO?

Cada intercambio ten a duración de 4 semanas.

 

A ONDE PODO IR?

IFMSA conta con máis de 100 países membros, cada un cos seus correspondentes comités locais. A posibilidade de ir de intercambio a un determinado comité local depende das prazas que ofreza e como sexan repartidas. Cada ano é diferente, pero intentamos que se axuste o máximo posible às demandas dos estudantes.

 

QUE REQUISITOS DEBO CUMPRIR?

  1. Ser socio de ME.I.GA

  2. Enviar o teu expediente a meigausc.exchangescoordinator@gmail.com

  3. Se queres ir ao estranxeiro, ter un certificado de inglés válido (existe a posibilidade de conseguirle co exame de inglés que organiza ME.I.GA).

 

COMO É A SELECCIÓN DOS ESTUDANTES?

Se queres optar a un intercambio debes ter puntos ME.I.GA, polo cal debes ter cursado polo menos un ano na facultade. Os estudantes que máis puntos teñan terán unha maior prioridade á hora de escoller o intercambio que desexan realizar.

Aos intercambios de investigación poden acceder estudantes de calquera curso (agás 1º). Pola contra, os intercambios clínicos só estarán dispoñibles para os que cursen 4º, 5º ou 6º.

 

COMO É A SELECCIÓN?

Teranse en conta:

  • Créditos realizados, nota de expediente e número de publicacións científicas.

  • Puntuación obtida no exame de inglés de ME.I.GA (en caso de facelo).

  • Ser persoa de contacto (recibir e axudar aos estudantes que veñen de intercambio a Santiago).

  • Participación nas actividades que ME.I.GA organiza durante o ano (Día Mundial da Saúde, Hospital de Osiños, etc.).

  • Cargos na xunta directiva.

 

POR QUÉ DEBERÍA IR DE INTERCAMBIO?

Ademáis das prácticas e a participación no proxecto, o comité local receptor organiza sempre un plan social para que podas coñecer a xente e a cidade na que vas estar e realizar diferentes actividades. Obterás tamén:

  • Certificado

  • Coñecemento, experiencia, novos amigos, aventura e máis!

Ir de intercambio é sempre saír gañando!

 

DESPOIS DE COLLER UN INTERCAMBIO QUE TEÑO QUE FACER?

Ingresar o diñeiro na conta de ME.I.GA e firmar o contrato de persoa de contacto que explicaremos máis adiante.. Logo entrarás nunha base de datos onde se che pedirán os teus datos e documentos.

 

CANTO CUSTA UN INTERCAMBIO?

  • No caso de intercambio internacional: 230 + 50 (fianza) = 280€

  • No caso de intercambio nacional: 180 + 30 (fianza) = 210€

Este diñeiro inclúe o aloxamento, a comida (unha ao día ou pocketmoney) e o certificado. A viaxe ao país de destino non está incluída no prezo.

 

O diñeiro de fianza devolverase consoante as actividades que programes ou participes con os incomings durante o verán, como persoa de contacto. O contrato de persoa de contacto que tes que firmar cando collas un intercambio reflexa que si o estudante fai traballo de persoa de contacto dentro das condicións estipuladas no mesmo, ten dereito a receber parte o a totalidade da fianza.

 

QUE TEÑO QUE FACER AGORA MESMO?

Tan só tes que estar atento al grupo de Facebook Intercambios FLASH ME.I.GA e a esta páxina web para non perder nada do que vaiamos actualizando.

Calquera duda non dubides en preguntar. Podes facelo escribindo a dirección de correo: meigausc.exchangescoordinator@gmail.com.

 

AGARDAMOS VERTE PRONTO!

 

 

bottom of page