top of page

Saúde Pública

 

A resposta non é sinxela, pode ser todo o que se che ocorra!

A pregunta que che fago é: Que sentes cando alguen che pregunta que significa estudar Medicina?

 

Algúns poden dicir que os estudantes de Medicina somos aqueles que memorizamos ata a última das funcións da p53, aqueles que non contentos con 6 horas de clase pasamos outras 6 horas chapando na biblioteca, aqueles que facemos chistes nun idioma que só nos coñecemos, aqueles que acumulamos cada vez máis bolis na nosa bata conforme ascendemos de curso, aqueles que pasamos máis tempo con un tal Harrison que ca nosa parexa... ¿somos isto de verdade?

 

En Saúde Pública tratamos de abordar a enfermidade e a patoloxía dende o punto de vista máis amplio e integrado que o que nos ofrece o plan de estudos. Ver cómo detrás da tuberculose ou do SIDA hai unha estigmatización social, cómo o nivel e o acceso á saúde está intimamente condicionado polo nivel de renta dunha población, como dentro dunha mesma localidade as diferenzas económico-sanitarias poden variar tanto como dende os mal chamados países do primerio mundo aos paises do tercerio mundo, cómo as desigualdades son a maoir causa de enfermidade no mundo, cómo o labor dos profesionais sanitarios poden repercutir negativamente no nivel de saúde dunha poboación, cómo mellorar a comunicación médico-paciente, qúe factores son responsables dunha desigualdade no acceso a medicamentos esenciais ou que implicacións poden ter aceptar das empresas farmacéuticas un maravilloso congreso ás Bahamas...

 

Por outro lado, dende Saúde Pública tamén tratamos de levar á práctica actividades e proxectos nos cales poidamos facer difusión de información e fomentar hábitos de vida saudables ou concienciación social como pode ser o Día Mundial da Saúde, a Carreira da Saúde, o Hospital de Osiños de Peluche (TBH), o Hospital de Educación Médica, Sexualidade e Saúde Reprodutiva, entre outras...

 

Sen embargantes, moitas son as ideas que podes atopar ou recibir deste grupo. Se quixeses un motivo polo cal participar nas nosas actividades e proxectos, ou coñecer a tématica que tratamos... diriache que aquí terás a oportunidade de aprender moitas cousas novas que ningún dos teus profesores che planterías xamaís na clase.

 

Ven a coñecer a Medicina dende outro punto de vista... contacta connosco!

bottom of page